¡Benvido a Caixa Mágica 16!

O proxecto Caixa Mágica está construido sobre as ideas consagradas na filosofía Caixa Mágica: que o software debe estar dispoñible de forma gratuita, que as ferramentas de sofware se deben poder utilizar pola xente no seu idioma local, e que a xente debe ter a liberdade de personalizar e modificar o seu software en todo o que precise.

Obter axuda para Caixa Mágica:

Hai varios xeitos de conseguir axuda para Caixa Mágica.

Entrar nas guías de Caixa Mágica e na documentación seleccionando "Axuda" no menú Sistema. Tamén pode atopar axuda no sitio oficial de documentación de Caixa Mágica e na documentación proporcionada pola comunidade.

Se prefire un pouco de contacto humano, pode utilizar as listas de correo, os foros web, ou conversar coa comunidade na canle #caixamagica do IRC Freenode.

Tamén pode obter soporte comercial.

Participe en Caixa Mágica:

A comunidade Caixa Mágica está composta por desenvolvedores de software, escritores de documentación, tradutores, artistas gráficos, e en maior medida, a xente que está utilizando Caixa Mágica na súa vida diaria. Invitámolo a unirse a esta comunidade e a axudar a darlle forma a Caixa Mágica nun sistema operativo que satisfaga mellor as súas necesidades.

Para descubrir como participar, ¡visite a páxina de colaboración da comunidade de Caixa Mágica!